(Unidireccional, si, e irreversible. Ou bidireccional, pero imposible. Desde o pasado, cun mísero futuro, no avarento presente compartido, vanme construíndo un pozo de desexos e soños… Son un relato breve. O final está escrito, e todo o que vexo está sentenciado a sobrevivirme.)

Unidireccional, irreal e maino,

circulando nun único sentido,

o amor que me asaltou sen previo aviso

cando eu xa non quería defenderme.


Perverso, inofensivo e altruísta,

foi un placebo inocuo

administrado a un corpo xa vencido.

.

Desprezando o meu tempo en conta atrás,

ábrome e derramo a miña vida

nese amor feroz, calado, sen destino;

e o amor de sempre oculto e prohibido,

selado e transferido

en garantía

a quen xa non podía eternizarse

intentando evitarme inutilmente

nin seguir compartindo unha única sombra

ata o final.

____________

LOIS PEREIRO.

Poesía última de amor e enfermidade.

Advertisements