(Contra a morte!, o amor que vai comigo; contra o tempo que remata!, o voso tempo; contra o loito!, o desexo; contra o mundo!, unha bomba meditada; contra min! ser o mesmo que fun e que non era eu mesmo…)

Dos días que reserva para min o destino

cada unha das súas noites por vir

sería a derradeira

a única esencial

se puidese vivirte a ti tamén

trasnoitado sobre o teu corpo en calma

cohabitando os teus soños

sobrevivido á miña inexistencia

soñado nas túas noites

ou prorrogado en ti.

_____________

LOIS PEREIRO.

Poesía última de amor e enfermidade.

Versión musicada de Alexandro González e Uxía Senlle

Advertisements