(Ausencia ou presencia non alteran a distancia do espírito, que xa se internou nela. E os elementos das novas tecnoloxías van elaborando os nosos afectos…)

Tristemente convivo coa túa ausencia

sobrevivo á distancia que nos nega

mentres bordeo a fronteira entre dous mundos

sen decidir cal deles pode darme

a calma que me esixo para amarte

sen sufrir pola túa indiferencia

á miña retirada preventiva

dunha batalla que xa sei perdida

resolto a non entrar xamais en ti

pero non á tortura de evitarte.

______________

LOIS PEREIRO.

Poesía última de amor e enfermidade.

Advertisements