Luz e sombras de amor resucitado

Deixaches no meu corpo a túa presencia

verquendo o teu encanto nos meus ollos

que non se volverán nubrar de bágoas

porque non apodrecerá máis tempo

a nostalxia convertida en cadavre


e imos explorar a xeografía

do noso amor eterno correxíndoa

se te abres con dozura novamente

ó meu amor ausente e vixiante

aceptas que cho entregue

e logo vaste


camiño do futuro libremente

compartido coa túa propia vida

e amado para sempre.

LOIS PEREIRO. Poesía última de amor e enfermidade.