A CULLERIÑA DE ÁNXELES

Veño de ler en Galicia Confidencial un artigo de Séchu Sende que me trouxo ao corazón a Ánxeles, a muller que me regalou a miña primeira culleriña de cores. Mais as culleriñas de Ánxeles, contrariamente ás de Luísa,  non enchen de rabia, nin de carraxe, …nin de tristura. A miña primeira culleriña de Ánxeles é de Anxos, azul, grana, máis azul, amarela e azulGalicia! Ademais, non é só unha culleriña, tamén é un garfo!

Ánxeles regaloume a culleriña para que comese moitos kiwis, que son moi bos para algo (aínda que non lembro para que) e teñen moitas vitaminas… Ánxeles é bióloga. É o que teñen os anxos! Como as nais, andan sempre a coidar de nós.

Agora, sentada á miña mesa de traballo, saúdo cada día a miña culleriña de cores, pousada no andel dos libros, das fotos e das flores. Tamen hai unha bicicleta (en realidade é un tándem) ao seu carón. Cada día comezo a miña viaxe ollando as cores da miña culler-garfo e cada día apago o ordenador deitando a derradeira ollada sobre a miña cullerilla para kiwis (que non dou comido). E penso… non estou soa! Como tampouco o está Luísa cada vez que debe roubar unha culler. Como non o estará a súa filla cando xunte garfos.

A miña culler fálame. Cóntame como van as cousas por Trazo. Fálame nun galego non ortodoxo, non normativizado, non académico, …fálame no galego de Campo, de Berreo, de Chaián e de Agra do Mestre. Fálame e tráeme saudades…

Aí vos quedan, xente de Trazo, as 13 culleriñas de Séchu Sende

Advertisements

7 opiniones sobre “A CULLERIÑA DE ÁNXELES

  1. Aishhh, encántame este texto, é precioso!!!!!
    Sofia tes madeira de escritora!!!!!!! E qeu sepas que nos tamén oímos por aquí ás veces o teu galego!!!!!

    Gústame

  2. Grazas, Cris! Que cousas lindas me dis!Teño que lembrarche que a que ía para escritora eras ti, non eu!
    O importante, dixo unha vez Manuel Rivas, é ter a madeira da que están feitos os soños, porque esa é a mellor madeira da humanidade.
    BKS

    Gústame

  3. Queres, Lu, que che lembre o debuxo que acompaña esa fabulosa frase, conseguida dun xeito ben heterodoxo por unha xente ben especial e ben xenerosa?
    Pois unha lanchiña de madeira, cunha proa de carballo… como as que van pola ría de Rianxo…
    Beijinhos, humanos!

    Gústame

  4. Ben me lembraba! Eque… Como esquecelo?
    Sabes? Manolo Rivas tamén dixo nun diálogo:
    “-Por que non escribe, por que non bota o que ten dentro antes de que estoupe?
    -Porque non teño collóns.
    -Amigo, permítame un reproche solemne. O silencio do que sabe é unha subtracción para a humanidade.”
    “Todo é silencio”
    Imaxino que che soa.

    Gústame

  5. Si, sóame …bastante!
    Mais o que seguro non sabes é de onde sae ese título “todo é silencio”. A ver como o averiguas….
    Traballa un pouco, que eu non teño case tempo nin a ler o correo!

    Gústame

  6. Sorprenderache, mais si sei de onde sae o de “Todo é silencio”. Deriva dun fabuloso poema de Rosalía de Castro do libro de “Follas Novas”. Como quedaches…? Hehe! Mais debo recordarche que eu fun a presentación da novela en Compostela, da cal gardo, xunto cun moi bo recordo, unha foto formidábel con Manolo!
    Mándoche un beixo con aires de tranquilidade e de ánimoo…
    Muak!!

    Gústame

Comentarios pechados.