A máis galego nas aulas, maior comprensión lectora en castelán!

O que xa resultaba evidente de por si quedou de novo ratificado tras o último informe Pisa que analizaba o nivel educativo do alumnado en Galicia e España. Este documento desmonta moitas das teorías defendidas por Galicia Bilingüe e demostra que os alumnos galegos melloraron o seu rendemento alí onde en teoría o ían baixar.

Entre 2006 e 2009, xusto durante o goberno do bipartito e cando o galego aumentou a súa presenza nas aulas, segundo os datos, a educación en Galicia nesa etapa sitúase a un nivel similar á da OCDE ou incluso por riba en competencia científica, mentres que se sitúa por riba da media de España nas tres competencias estudadas. Os resultados son mellores xusto nas materias onde a lingua propia é habitual “desde hai anos” (Coñecemento do Medio ou Bioloxía e Xeoloxía).

O aumento da presenza do galego como lingua vehicular do ensino axudou a mellorar a comprensión lectora en español e non repercutiu negativamente sobre os resultados en matemáticas, materia que daquela era impartida en galego. Destaca tamén o maior dominio do castelán que se dá na maioría de autonomías bilingües do Estado.

FONTE: XORNAL.COM

Advertisements