Os escritores cargan contra a redución de axudas públicas.

Denuncian a “regresión” na política de investimento por parte da Administración autonómica en “todos os sectores da cultura”, o que “está a destruír o levantado nos últimos trinta anos”. “Con esta política de escandalosa redución nos orzamentos da consellería de Cultura e do seu investimento, que pon as cifras de achegas á AELG en números de hai vinte anos, estase a desfacer o mínimo tecido industrial da cultura en Galicia”, apuntou Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.

O presidente dos escritores tamén fixo unha firme defensa do valor da cultura como investimento na que, apuntou, “todo o diñeiro que se gasta é produtivo, xa que se Galicia existe como identidade e como pobo é por que temos unha cultura e unha lingua diferenciados”.

PARA SABER MÁIS, CLICA AQUÍ: ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA ,

ou tamén aquí: XORNAL.COM