O inefable INFORME PISA

Os resultados do Informe Pisa, en que o alumnado galego supera a media española, reférense ao momento en que as materias científico-técnicas se impartían en galego, contradicindo os argumentos usados pola Consellaría contra a nosa lingua.

O informe Pisa non pode ser o único método de avaliación do sistema educativo galego, pois este informe feito pola OCDE con criterios fundamentalmente uniformizadores,  non ten en conta o contexto en que se realiza a avaliación e trata por igual a estados e territorios con notábeis diferenzas en materia educativa.

Os resultados que recolle este informe sitúan a Galicia por riba da media española en comprensión lectora, competencia matemática e científica. No caso da comprensión lectora recóllese que Galicia está por riba da media de Reino Unido, Alemaña e España, entre outros estados. No caso da competencia matemática este informe sitúa a Galicia por riba de Suecia, Francia, Austria, Estados Unidos ou España.

O relevante destes datos é que o informe contradí os argumentos usados interesadamente contra a nosa lingua, pois como se pode comprobar estudar as matemáticas e as ciencias en galego non foi un obstáculo para o alumnado que colleitou uns resultados importantes, especialmente en competencia científica, ámbito en que o coñecemento do medio e as ciencias naturais veñen sendo impartidas no noso idioma desde o ano 1995.

Algo terá que ver o bon facer do profesorado galego, malia a que a inversión en educación na Galiza está moi lonxe do que dedica a OCDE.

FONTE

Advertisements

2 opiniones sobre “O inefable INFORME PISA

  1. Pois xa que somos os máis destacados de España na media sobre os estudos, e que están demostrando que estudiar todas as materias en galego non é ningún obstáculo para os alumnos, que non vaian quitando a lingua galega nos centros educativos!

    Gústame

Comentarios pechados.