Eu chorar, chorei

A polémica saltou a semana pasada. Case todos os xornais reproduciron sen citar unha nova do blog Feijoomente.org no que se denunciaba que un libro de texto da Editorial Galinova, aprobado pola Xunta para este curso, traducía ao castelán a popular canción galega “A saia da Calorina”. Hoxe un lector achéganos un exemplo inverso, que dá esperanzas aos que defenden o ensino en galego. Iso si, chega de moi lonxe. En Pubai-Orissa, nunha zona illada India, existe unha escola financiada por uns 280 veciños de Cangas a través da ONG Shanga. Pagan 6 euros ao mes, abondo para alimentar a un dos 500 cativos hindús no María Soliña de Asia. Ademais de alimentalos, os nenos reciben toda a formación oficial que marcan as autoridades dese estado. Entre clases non podía faltar a música. Este vídeo é unha mostra do que aprenderon. No medio da polémica lingüística do comezo do curso en Galicia, estas imaxes son quen de suscitar de novo o debate sobre a suposta imposición do galego nas aulas. (FONTE: GALICIA CONFIDENCIAL)

Advertisements