A XUNTA GASTARÁ UN MILLÓN DE EUROS NA CAMPAÑA PUBLICITARIA SOBRE O DECRETO DE PLURILINGÜISMO

No Taboleiro do Colmeiro expóñense as argumentacións que previsiblemente (ao fío dos textos que manexa a SXPL) serán utilizadas na campaña publicitaria sobre o Decreto de Plurilingüismo, na que a Xunta gastará un millón de euros.

SALIENTARASE… AGOCHARASE…
…que, cando o idioma maioritario da aula sexa o galego, en educación infantil as clases impartiranse nesta lingua …que, no caso contrario, será o castelán.

(non se informará sobre o procedemento ideado para a enquisa ás familias sobre a lingua que falan os nenos/as)

…que, en todas as etapas, coa excepción de infantil, o galego deberá ter unha presenza horaria semellante á do castelán …que, coa posta en vigor do decreto, o galego reduce significativamente a súa presenza no horario escolar de todas elas e, pola contra, o castelán aumenta en todas elas.
…que en Primaria e Secundaria se impartirán en galego áreas que esixen un importante desenvolvemento das competencias de comunicación oral e escrita …que as matemáticas, a tecnoloxía e a física e química non poderán ser impartidas en galego, a pesar de seren área claves para a desenvolvemento, entre outras, das competencias matemática, dixital e de aprender a aprender
…que o decreto establece que deberá procurarse que o alumnado utilice o galego nas materias que se impartan nesta lingua e que os libros de texto e restantes materiais tamén deberán estar en galego … que o alumnado poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia, abrindo unha perigosa fenda á autoridade do profesorado na aula e introducindo un importante prexuízo sobre a utilidade do galego no eido académico.
…que todos os centros deberán desenvolver un programa de fomento do galego elaborado polo equipo de dinamización da lingua galega …que a normalización lingüística foi substituída pola dinamización lingüística, cambiándolles a  denomización aos Equipos de Normalización Lingüística e reducindo os orzamentos  destinados á  realización destas actividades nos centros.

Fonte: brétemas.blogaliza.org